Aplicación de Mobilidade para valoradores sociais
GALEGO l CASTELLANO

Proxecto cofinanciado

  • Este proxecto está cofinanciado con fondos Feder e pola Xunta de Galicia. Para conseguir un produto con maior posibilidade de comercialización foi construído de maneira que sexa posible implantalo con facilidade, en primeiro lugar na propia Xunta de Galicia, para o que se lle solicitou a colaboración á Consellería de Traballo e Benestar para a supervisión da primeira versión do produto. 2009 2009
    • Resolución de concesión: Resolución do 15 de jullo de 2011, según o Anuncio publicado no DOG nº 160
      • 23 de agosto de 2011.
    • Norma reguladora: Procedimento administrativo PR520A_2011 (Resolución do 22 de marzo de 2011 publicada no DOG nº 62 o 29 de marzo de 2011).
    • Órgano concesor: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
    • Crédito presupuestario: 2.600.000 €.
    • Cuantía da subvención: 107.063,00 €.
    • Finalidade da subvención: Análise y desenvolvemento do produto Aplicación de mobilidade para valoradores sociais.

Descripción do proxecto

  • A aplicación de mobilidade para valoradores sociais é unha ferramenta para realizar o traballo de campo, permitindo rexistrar as valoracións tanto no centro de traballo como no domicilio da persoa que se estea valorando. O módulo onde se realizan as valoracións dispón de funcionamento offline e online, dando solución aos problemas de cobertura e acceso á información que existen actualmente. A ferramenta facilita o acceso ás axendas de visitas a realizar por cada un dos valoradores, pondo tamén á súa disposición a última versión da información do expediente asociado ao solicitante que debe ser valorado. Deste xeito, habilítase un acceso moito máis áxil aos datos que os valoradores necesitan para poder realizar as súas valoracións, ademais de conseguir que o seu resultado estea dispoñible para os tramitadores en moito menos tempo. Este sistema é capaz de mostrar a información do expediente asociado á persoa que vai ser valorada e pode enviar o resultado da valoración realizada ao sistema de xestión da tramitación (Sistema de Información de Atención á Dependencia).
    O aplicativo permite unha mellora significativa na xestión do procedemento de recoñecemento do grao e nivel de dependencia e do recoñecemento do PIA xa que, achega rapidez na realización das valoracións.

    Este sistema proporciona ao usuario servizos a través de dous frontais, que son:
    • Módulo de valorador. Funcionalidades dispoñibles para os equipos de valoración:
      • Consultar listaxe de citas: Consultar as citas do valorador con información das incidencias asociadas ás mesmas.
      • Consultar expediente: Consultar información sobre un expediente: datos e documentos.
      • Valoración: Iniciar ou completar valoracións. Esta opción está subdividida en cinco pasos:
        • 1. Rexistrar persoas presentes na valoración.
        • 2. Indicar o tipo de baremo que se aplica.
        • 3. Mecanizar o instrumento de valoración.
        • 4. Indicar as notas de valoración.
        • 5. Revisar a completitud das preguntas.
      • Consultar o baremo sen puntuación: Consultar o documento de baremo.
      • Asinar e enviar o baremo: Dar por finalizadas as valoracións.
      • Consultar o baremo con puntuación: Consultar o documento de baremo. Opción dispoñible unha vez validada a valoración.
    • Módulo central. Funcionalidades dispoñibles só con conexión á rede. Agrupa as seguintes funcionalidades:
      • Elaborar instrumento: Definición dos formularios e de parametrización das táboas de valoración para o cálculo das valoracións do baremo, permitindo así unha maior flexibilidade suxeita a posibles cambios e adaptacións debido ás modificacións das normativas existentes.
      • Consultar estatísticas sobre as valoracións e sobre as incidencias.
      • Mantemento de mestres.
      • Consultar a validez dos documentos polo seu CVE.
      O módulo de valorador permite o funcionamento en offline e en online. Desta forma pódese utilizar en zonas onde non haxa cobertura, situación moi habitual na poboación obxecto de valoración dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

      Esta aplicación dispón de funcionalidades multidioma (Galego, Castelán) tanto a nivel de frontal de usuario como dos documentos que manexa.

Documentación do proxecto

Código fonte

Tecnoloxías empregadas

  • Tecnoloxgías:
    • Maven 2.2.1
    • Hibernate: 3.2.1.ga
    • Spring: 3.0.5.RELEASE
    • Apache Tomcat versión.6.0.29
    • JDK e JRE 1.6.0.24
    • MySQL 5.5.16
    • SQLite 3.7.8
    • Jasper Report 3.7.5